A Subida a Carballo foi unha carreira de montaña disputada en Carballo entre 1983 e 1987. Era puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña.

Historia A primeira edición tivo lugar o 18 de xuño de 1983, organizada pola Escudería La Coruña, e co percorrido situado na estrada que une Carballo con Razo. Esta foi dominada polos fórmulas dos pilotos asturianos Víctor Abraham, Naredo e Valentín, que ocuparon as tres primeiras posicións, seguidos de José Luis Vilanova co seu o Porsche 911 SC, sendo este o primeiro galego e o primeiro carrozado na liña de meta. Nesa primeira edición destacou a ausencia do pontevedrés Alberto González "Camba", quen si competiu na segunda, disputada en setembro de 1985, onde logrou a vitoria por diante de Abraham e Luis Barrio. Carlos Piñeiro (4º), José Mora (6º) e José Luis Vilanova (7º) foron os tres primeiros turismos clasificados.

O Selex 2000 de Camba gañou tamén as seguintes edicións, en 1986 e 1987, acompañado no podio en ambos casos por José Luis Santos e Manuel Cavada.

Palmaŕes +AnoNomeVencedorVehículo1983I Subida a Carballo Víctor AbrahamSelex 20001985II Subida a Carballo CambaSelex 20001986III Subida a Carballo CambaSelex 20001987IV Subida a Carballo CambaSelex 2000

Notas