miniatura|256px|MIP sendo integrada con Chandrayaan 1. Moon Impact Probe ou MIP foi unha subsonda que viaxou ata a Lúa acaroada á sonda india Chandrayaan 1.

Características A misión de MIP foi estudar a Lúa durante o seu descenso destructivo cara a superfie lunar. MIP viaxou acaroada ao orbitador lunar Chandrayaan 1 e foi liberada o 14 de novembro de 2008 ás 14:36 UT. Tras acender o seu motor de propelente sólido iniciou un descenso cara a Lúa que finalizaría co seu impacto ás 15:01 preto do cráter Shackleton, próximo ao polo sur. Durante o descenso recolleu datos cos seus instrumentos:

Un altímetro radar funcionando a unha frecuencia de 4,3 GHz. Unha cámara de vídeo para rexistrar o descenso. Un espectrómetro de masas para estudar a atmosfera lunar.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Chandrayaan 1

Categoría:Satélites artificiais