Mirka (Mikro-Rückkehrkapsel) ou Mirca (Micro Reentry Capsule) foi unha cápsula experimental de reentrada desenvolvida por Alemaña.
Características Mirka viaxou acaroada á nave Foton 8 e so foi activada ao final da misión desta, despois do acendido dos motores para reentrar na atmosfera. Mirka separouse da nave principal, iniciando a súa propia viaxe para estudar a reentrada atmosférica con varios experimentos a bordo:
HEATIN, para medir a distribución de temperatura, presión e o fluxo de calor no escudo térmico durante a reentrada. RAFLEX, para medir a presión aeroestática e aerodinámica no punto de estancamento e outras porcións da superficie da cápsula. PYREX, para medir a temperatura no interior do escudo térmico. HITZESCHILD, para probar o uso da estrutura exterior autosoportante como escudo térmico, aforrando peso.
Mirka foi desenvolvida por Kayser-Threde GmbH e DASA Jena-Optronik GmbH baixo contrato coa entón axencia espacial alemá DARA. Tiña forma esférica, cun diámetro de aproximadamente 1 m e unha masa total de 154 kg.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Foton 8
Categoría:Satélites artificiais