Weißenfels, ás veces escrita como Weissenfels, é unha cidade e municipio de Alemaña, no estado federado de Saxonia-Anhalt, cerca de Halle e da capital do Land, Leipzig.

É a cidade máis poboada do distrito de Burgenland (Burgenlandkreis), con máis de 40 000 habitantes, e, desde o ano 2010, engloba a 11 localidades novas que até entón eran independentes.

Sobre un outeiro da cidade érguese o palacio de Neu-Augustusburg, que foi a residencia dos titulares do Ducado de Saxonia-Weissenfels, do Sacro Imperio Romano-Xermánico, até 1746, cando ao extinguirse a dinastía reinante, o ducado pasou a formar parte do Electorado de Saxonia.

A localidade esta atravesada polo río Saale, polo que o seu nome oficial completo é Weißenfels an der Saale.

Xeografía Situada a unha altitude media de 100 msnm, a cidade ocupa unha suprficie de 24,75 km².

No ano 2015 contaba cunha poboación de 40 398 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 1 177 hab./km².

Evolución da poboación (1825 - 2013) Ano Poboación 1825 6,423 1875 16,921 1880 19,654 1885 21,782 1890 23,779 1900 28,201 1925 35,756 Ano Poboación 1933 40,119 1939 42,387 1946 50,995 ¹ 1950 47,967 ² 1960 45,856 1981 39,125 1984 38,657 Ano Poboación 1990 37,765 ³ 1995 34,676 2000 31,946 2005 29,866 2006 29,669 2007 29,569 2013 39,909 Fonte de datos desde 1990: Oficina de Estatística de Saxonia-Anhalt. 1: 29 de outubro 2: 31 de agosto 3: 3 de outubro

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas Paxína web oficial de Weißenfels an der Saale

Categoría:Cidades de Saxonia-Anhalt