Yago Gandoy Martínez, nado na Coruña o 13 de abril de 1999, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Bergantiños, da Segunda Federación.

Traxectoria Ingresou nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña aos dez anos, procedente do Ural CF. Debutou co Fabril o 10 de decembro de 2017, nun partido de Segunda División B, entrando como substituto de Martín Bengoa na vitoria por 2-3 fronte ao Cerceda.

Incorporouse definitivamente ao Fabril no inicio da tempada 2018-19, e anotou o seu primeiro gol o 4 de novembro de 2018 na vitoria por 2-1 sobre o Rápido de Bouzas. Disputou 24 partidos na tempada, ao final da cal o equipo acabou descendendo a Terceira.

O 21 de setembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na Segunda División, substituíndo a Ager Aketxe no empate a cero contra o Cádiz. O 9 de setembro de 2020 o club renovou o seu contrato por tres anos. Disputou 11 encontros nesa tempada, case todos na primeira parte da competición.

En agosto de 2021 saíu cedido ao Coruxo, da Segunda División RFEF. Disputou 22 encontros co equipo vigués, 14 deles como titular, e ao remate da campaña asinou co club en propiedade, despois de se desvencellar do Deportivo. Na campaña 2022/23 xogou un total de 34 partidos, 30 deles como titular, e marcou un gol.

Para a campaña 2023/24 asinou co Navalcarnero, da mesma categoría. Disputou 29 partidos co club madrileño, 23 deles como titular, acabando a liga na oitava posición.

En xuño de 2024 asinou como novo xogador do San Sebastián de los Reyes, da Segunda Federación, onde se reencontrou co seu excompañeiro Pablo Brea. Xogou un total de 33 encontros, rematando a liga na oitava posición.

En 2025 fichou polo Xerez Deportivo, da mesma categoría. Co conxunto andaluz disputou 33 partidos, 28 deles como titular, pero non puido evitar o descenso á Terceira Federación. En xullo de 2026 regresou a Galicia para fichar polo Bergantiños, da Segunda Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Yago Gandoy en BDFutbol . Yago Gandoy en LaPreferente.com . Yago Gandoy en Soccerway .

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do CDA Navalcarnero Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do Bergantiños FC