Silencio roto é un filme español de 2001 dirixido por Montxo Armendáriz e protagonizado por Lucía Jiménez e Juan Diego Botto.Silencio roto en Auñamendi Eusko Entziklopedia A historia está ambientada nunha pequena vila española trala guerra civil, entre os anos 1944 e 1948. Rodouse no concello de Artzi (Navarra).Silencio roto, la película, na web de Artzi
Sinopse En 1944, Lucía, unha rapaza nove, volve á súa vila natal no norte de España despois de nove anos porque a súa nai ten outros cinco fillos e debe traballar. Despois de chegar, Lucía atópase cos seus amigos da infancia, vive con Teresa e comeza a traballar no seu bar. Tamén coñece a Manuel, que colabora cos maquis. Atraída por Manuel e vendo como os gardas civís tratan á xente da vila, colabora cos guerrilleiros.Silencio roto en Fotogramas
Personaxes Lucía Jiménez como Lucía Juan Diego Botto como Manuel Mercedes Sampietro como Teresa Álvaro de Luna como Don Hilario María Botto como Lola Rubén Ochandiano como Sebas María Vázquez como Sole Joseba Apaolaza como Tenente Pepo Oliva como Cosme Jordi Bosch como Sarxento
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Montxo Armendáriz Categoría:Filmes sobre a represión franquista