César Poza González, nado en Figueirido (Vilaboa) o 25 de abril de 1976, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Comezou os estudos de Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nas eleccións municipais de 2007 foi elixido concelleiro de Vilaboa."«Sempre fun unha persoa con inquedanzas sociais»", La Voz de Galicia, Pontevedra, 8-5-2007, p. 5. Nas seguintes eleccións volveu ser concelleiro. Foi secretario xeral dos socialistas de Vilaboa. O 4 de agosto de 2020 o alcalde Francisco Costa Fernández anunciou a súa dimisión por motivos persoais,El alcalde de Vilaboa, Francisco "Kiko" Costa, deja el cargo por motivos personales e César Poza foi elixido alcalde o 20 de agosto.
O 28 de maio de 2023 foi reelexido por maioría absoluta, sendo o primeiro alcalde reelexido por maioría absoluta en 28 anos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilaboa
Categoría:Alcaldes de Vilaboa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Nados en 1976
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela