O alcalde de Lugo é a máxima autoridade política do Concello de Lugo. De acordo coa Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Lugo con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.
Eleccións municipais de 2023 Nas eleccións municipais de 2023 presentáronse as seguintes candidaturas, das que só tres conseguiron representación na corporación. Lara Méndez, do PSdeG-PSOE, foi escollida alaldesa cos votos do seu partido e do BNG. CandidaturaVotosPorcentaxeConcelleirosCorporación anteriorPartido Popular (PP)21.45943,59%1210Partidos dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE)13.64127,71%88Bloque Nacionalista Galego (BNG)9.81019,93%55Cidadáns-Partido da Cidadanía (C's)1.3492,74%02Vox (VOX)1.1412,32%00Podemos-Esquerda Unida (PODEMOS-EU-AV) 7131,45%00Contamos-Galicia Sempre-Partido Galego (CONTAMOS Ga.S GLG)3890,79%00Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN)1600,33%00 A actual corporación municipal lucense está composta por 25 concelleiros e en 2023, foi elixida como alcaldesa Lara Méndez, despois dun pacto de goberno e coalición entre o PSdeG-PSOE e o BNG. En xaneiro de 2024, deixou o cargo de alcaldesa e a acta de concelleira para se presentar ás eleccións de 2024 ao Parlamento de Galicia, e foi elixida para o cargo, Paula Alvarellos. Tras o seu falecemento, en marzo de 2025 substituíuna na alcaldía Miguel Fernández Méndez do PSdeG-PSOE.
Despois dunha moción de censura, o 7 de maio de 2026, a alcaldía pasou a mans de Elena Candia, do PP, logo de contar co apoio dunha tránsfuga socialista.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de alcaldes de Lugo Eleccións municipais en Lugo