Janet McTeer, nada en Newcastle upon Tyne o 8 de maio de 1961,"Ms Janet McTeer, OBE" . Derbrett's People of Today. Consultado o 31 de decembro de 2015.Births, Marriages, & Deaths Index of England & Wales, 1916–2005; at ancestry.com é unha actriz inglesa, gañadora dun Globo de Ouro e dun Tony e candidata ao Óscar en dúas ocasións.
Traxectoria Nada en Newcastle upon Tyne, McTeer asistiu á Royal Academy of Dramatic Arts e comezou a súa carreira teatral de éxito co Royal Exchange Theatre despois de graduarse. O seu traballo televisivo inclúe a produción da BBC de Nigel Nicolson Portrait of a Marriage protagonizada por Vita Sackville-West e a popular serie da ITV The Governor escrita por Lynda La Plante. Debutou na gran pantalla con Half Moon Street, un filme de 1986 baseado nunha novela de Paul Theroux, e apareceu na versión cinematográfica de 1992 de Wuthering Heights, protagonizado por Juliette Binoche e Ralph Fiennes, e en Carrington (1995) xunto a Emma Thompson e Jonathan Pryce.
En 1996, McTeer foi aclamada pola súa interpretación como Nora nunha produción de Henrik Ibsen no West End, de Casa de bonecas. O ano seguinte, a produción pasou por Broadway e foi galardoada cun premio Tony.
Mentres facía o espectáculo, McTeer foi entrevistada por Charlie Rose no seu programa da PBS, onde foi vista polo cineasta Gavin O'Connor, que estaba a traballar nun guión sobre unha nai solteira que viaxaba polo país coa súa filla preadolescente. Encantado pola actriz, decidiu que debía protagonizar o filme e cando os posibles produtores dubidaron do seu anonimato nos Estados Unidos, produciu o filme el mesmo. Tumbleweeds foi o filme favorito no Festival de Cinema de Sundance de 1999, e a interpretación de McTeer valeulle un Globo de Ouro á Mellor Actriz de Comedia ou Musical e unha candidatura ao Oscar á mellor actriz.
Entre os créditos de McTeer inclúense Songcatcher con Aidan Quinn, Waking the Dead con Billy Crudup e Jennifer Connelly, o filme dogma The King is Alive con Jennifer Jason Leigh, The Intended con Brenda Fricker e Olympia Dukakis, Tideland escrito e dirixido por Terry Gilliam e As You Like It, dirixido por Kenneth Branagh. Tamén protagonizou a dramatización de Precious Bane de Mary Webb.
Apareceu tamén nas series de televisión británica The Amazing Mrs Pritchard e Five Days, e como María, raíña de Escocia en Mary Stuart no West End de Londres. Protagonizou God of Carnage no West End xunto a Tamsin Greig, Ken Stott e Ralph Fiennes no Teatro Gielgud.De Jongh, Nicholas. "Carnage in the dark does not dim the acting" , London Evening Standard, 26 de marzo de 2008. Foi nomeada oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2008.LondonGazette, núm. 58729, 14 de xuño de 2008
Filmografía AnoTítuloPersonaxe Notas 1986 Half Moon Street Van Arkady's Secretary 1988 Hawks Hazel 1991 I Dreamt I Woke Up Mysterious Woman/Lady of Lake/Journalist Curtametraxe 1992 Wuthering HeightsEllen "Nelly" Dean 1995 Carrington Vanessa Bell 1996 Saint-Ex Genevieve de Ville-Franche 1998 Velvet Goldmine Narradora Voz 1998 Populous: The Beginning Voces adicionais Voz 1999 Tumbleweeds Mary Jo Walker 2000 Waking the Dead Caroline Pierce 2000 Songcatcher Professor Lily Penleric, PhD 2000 Liz 2002 Sarah Morris 2005 Tideland Dell 2006 As You Like It Audrey 2011 Cat Run Helen Bingham 2011 Island Phyllis Lovage 2011 Albert Nobbs Hubert Page 2012 Mrs Daily 2012 Hannah Arendt Mary McCarthy 2014 Maleficent Aurora vella (narradora) 2015 Angelica Anne Montague 2015 The Divergent Series: Insurgent Edith Prior 2015 Fathers and Daughters Carolyn 2016 Me Before You Camilla Traynor 2016National Theatre Live: Les Liaisons Dangereuses Marquise de Merteuil 2016 Paint It Black Meredith 2016 The Exception Princess Hermine 'Hermo' Reuss of Greiz
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista 2007 1999 interview re: Tumbleweeds 1999 Salon interview re: Tumbleweeds God of Carnage review Red Carpet Interview on Ms. Fabulous
Categoría:Nados en Newcastle Categoría:Nados en 1961 Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra