Duje Dukan, nado o 4 de decembro de 1991 en Split, é un xogador profesional de baloncesto croata con pasaporte estadounidense que xoga no Cáceres Ciudad del Baloncesto da Liga LEB Ouro.
Traxectoria profesional Tras non ser seleccionado no Draft da NBA de 2015, Dukan uniuse ós Sacramento Kings para a Liga de Verán da NBA de 2015. O22 de xullo de 2015, Dukan asinou cos Kings. O seu debut na NBA tivo que agardar ata o derradeiro partido da tempada dos Kings, o 13 de abril de 2016, onde fixo seis puntos e catro rebotes na derrota por 116–81 contra os Houston Rockets. O 4 de xullo de 2016, foi cortado polos Kings.
O 3 de agosto de 2016, Dukan asinou un contrato de tres anos co KK Cedevita croata. En xaneiro de 2017 deixou o equipo de mutuo acordo.
O 19 de xullo de 2019, Dukan asinou unha tempada co CB Estudiantes da Liga ACB. Na súa única tempada na ACB, acadou 4.7 puntos e 1.8 rebotes por encontro.
O 8 de agosto de 2020, Dukan asinou co AB Castelló da Liga LEB Ouro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com Perfil en FIBA.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Split Categoría:Xogadores de baloncesto de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do KK Cedevita Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do AB Castelló Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto