Patricia Otero Rodríguez, nada en Monforte de Lemos o 15 de abril de 1979, é unha avogada e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Lugo. miniatura|Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. Traxectoria É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleira e 2ª tenente de alcalde de Burela tralas eleccións municipais de 2015. Concorreu ás primarias para a Secretaría provincial do PSdeG-PSOE de Lugo en decembro de 2017, quedando en terceira posición tralo concelleiro en Friol e deputado provincial Álvaro Santos (elixido en primeira volta) e o alcalde de Castroverde Xosé María Arias Fernández. Causou alta como deputada autonómica o 11 de setembro de 2018 en substitución de José Antonio Quiroga Díaz.

Trala dimisión de Álvaro Santos en xuño de 2019 concorreu novamente ás primarias pola secretaría provincial no mes de xullo, sendo elixida nesta ocasión cun 68% dos votos fronte ao alcalde de Castroverde Arias FernándezPatricia Otero, nueva secretaria provincial del PSOE. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 encabezou a lista do PSdG-PSOE pola Circunscrición electoral de Lugo,"Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. renovando a acta de deputada autonómica. Dende decembro de 2021 é Secretaria de Pesca na Executiva Nacional Galega encabezada por Valentín González Formoso, cesando como secretaria provincial en Lugo ao non concorrer á reelección no Congreso de febreiro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Monforte de Lemos Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Burela