Oleg Valeriievich Kotov, nado en Simferopol, Ucraína, o 27 de outubro de 1965, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-10, Soiuz TMA-17 e Soiuz TMA-10M, sendo membro da expedicións 15, 22, 23, 37 e 38 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Kotov graduouse na Academia Kirov de Medicina Militar en 1988. De novembro de 1988 a decembro de 1990 estudou métodos para facer diagnósticos funcionais para a selección de pilotos no Hospital Central da Forza Aérea. Graduouse Instituto da Propiedade Industrial e Innovación de Moscova en 1992 e en 1998 graduouse da Escola Kachin de Pilotos da Forza Aérea en 1998. Entrou no corpo de cosmonautas en 1996, participando nas misións Soiuz TMA-10, Soiuz TMA-17 e Soiuz TMA-10M, sendo membro da expedicións 15, 22, 23, 37 e 38 á Estación Espacial Internacional, acumulando un total de 516,42 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-10 Soiuz TMA-17 Soiuz TMA-10M Expedición 15 Expedición 22 Expedición 23 Expedición 37 Expedición 38 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Ucraína