Vladimir Vasilevich Kovalenok (en ; en ), nado en Bielaje (Reichskommissariat Ostland, hoxe distrito de Krupki, rexión de Minsk, Belarús), o 3 de marzo de 1942, é un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 25, Soiuz 29, Soiuz T-4 e Soiuz 31.

Traxectoria Primeiros anos Naceu o 3 de marzo de 1942 na aldea de Bielaje, que formaba parte do Reichskommissariat Ostland da Alemaña nazi que administraba o territorio ocupado da RSS de Belarús. Alí medrou e rematou a súa educación secundaria en 1959. Ingresou entón na Escola Superior Militar de Aviación de Pilotos de Balashov, da que se graduou en 1963; posteriormente traballou na aviación de transporte militar, onde voou en avións An-24, primeiro como copiloto e posteriormente como comandante da aeronave. Cosmonauta Entrou no corpo de cosmonautas en 1967, adestrando entre maio de 1967 e agosto de 1969. En maio de 1975 formou parte da tripulación de reserva durante o voo da Soiuz 18. Posteriormente, graduouse na Escola Superior da Forza Aérea de Monino en 1976.

Do 9 ao 11 de outubro de 1977 realizou o seu primeiro voo espacial a bordo da nave Soiuz 25 como comandante da nave. En decembro de 1977 e xaneiro de 1978 formou parte das tripulacións de reserva das naves Soiuz 26 e Soiuz 27, respectivamente. Do 15 de xuño ao 2 de novembro de 1978 realizou o seu segundo voo espacial a bordo da nave Soivuz 29 como comandante. En novembro de 1980 formou parte da tripulación de reserva durante o voo da nave Soiuz T-3. Do 12 de marzo ao 26 de maio de 1981 realizou o seu terceiro voo espacial a bordo da nave Soiuz T-4 como comandante; a duración total do terceiro voo foi de 74 días, 17 horas, 37 minutos e 23 segundos.

Carreira posterior Entre 1989 e 1992 foi deputado do Soviet Supremo da RSS de Belarús. Entre 1990 e 1992 foi director do 30.º Instituto Central de Investigación Científica do Ministerio de Defensa (Rusia), e tamén dende 1991 foi presidente da Federación Republicana Belarusa de Cosmonáutica. En xullo de 1992 foi nomeado director da Academia Zhukovskii de Enxeñaría da Forza Aérea. Mediante decreto do 20 de febreiro de 1993 foille concedido o grao de coronel xeneral de aviación.

Nas eleccións lexislativas de Rusia de 1995 foi candidato do Partido da Liberdade Económica.

O 25 de xaneiro de 2001 foi elixido presidente da Federación de Cosmonáutica de Rusia, cargo que ocupou até outubro de 2021. Desde xuño de 2002 pasou á reserva por razón de idade co grao de coronel xeneral de aviación.

Distincións e recoñecementos Condecoracións Heroe da Unión Soviética (2 de novembro de 1978 e 26 de maio de 1981).

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 25 Soiuz 29 Soiuz T-4 Soiuz 31

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados na rexión de Minsk Categoría:Astronautas de Belarús Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Políticos de Belarús Categoría:Políticos de Rusia Categoría:Militares de Belarús Categoría:Militares de Rusia Categoría:Militares da Unión Soviética Categoría:Heroes da Unión Soviética