José Emilio Bacariza Mallo, nado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1910El Correo de Galicia, 20-4-1910, p. 2. e finado en Madrid en outubro de 1976,El País, 20-10-1976, p. 35. foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo do médico Bernardino Bacariza Fandiño. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenenceu ao Sindicato de Sanidade da CNT que funcionou en Santiago de Compostela de 1931 a 1936, sendo tesoureiro da súa directiva. Licenciouse en 1933. Traballou como médico libre en Portomouro, onde estaba destinada a súa nai Juana Mallo como mestra.El Pueblo Gallego, 15-7-1934, p. 10. En outubro de 1935 solicitou colexiarse en Ourense como médico libre no Pazo (Castrelo de Miño). Volveu solicitar colexiarse como médico libre en Ourense en 1944, trasladándose a Alcantud (Cuenca) en 1945. En 1956 era médico de Matillas (Guadalajara).Boletín Oficial de la Provincia de Guadalajara, 31-5-1956, p. 2.
Vida persoal
Casou con Carmen Franqueira Sabugueiro,El Pueblo Gallego, 8-8-1934, p. 10. e foi pai de Carmen Dolores Juana Bacariza Franqueira. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "A labazada dos mortos" e Castrelo de Miño-Ourense.
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes