Manuel Moreda Outeiral, nado en Vigo cara a 1857 e finado no Monte do Castro de Vigo o 10 de decembro de 1936, foi un polítco galego.

Traxectoria Xornaleiro. Veciño de Riomao. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe en Lavadores, acusado do asalto ao chalé de Estanislao Núñez Barrios no Seixo, no que o empresario foi asasinado. Detido, foi xulgado por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado con 79 anos no Monte do Castro o 10 de decembro de 1936 cos seus fillos Constante e José Moreda Vázquez, e con Urbano Rodríguez Moledo, Manuel Núñez Álvarez, Antonio Sayar Carrera, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Luís Ferreira Vieitez, José González Andreu e Luís Martínez Román."Homenaje a los fusilados", La Voz de Galicia, Vigo, 11-12-2005, p. 2. Outro dos seus fillos, Alfonso Moreda Vázquez, estivo agochado, foi detido e finou na prisión en abril de 1939.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Causa 539/36

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos