O Kuopion Palloseura ou KuPS é un equipo de fútbol da cidade de Kuopio, Savonia do Norte (Finlandia). Foi fundado o 16 de marzo de 1923 e actualmente compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Savon Sanomat Areena, un estadio con capacidade para 4 778 espectadores. O seu uniforme titular é camiseta amarela e pantalón negro, mentres que a reserva é unha camiseta negra con pantalón branco.
O KuPS gañou o campionato finlandés en seis ocasións, a Suomen Cup en dúas, así como a Liigacup unha vez. O KuPS tamén posúe o récord como o club finlandés que máis tempadas consecutivas disputou na máxima categoría, dende 1949 ata 1992. En 2019 equipo ocupaba a cuarta posición na clasificación histórica da liga.
Palmarés 8 Veikkausliiga: 1956, 1958, 1966, 1974, 1976, 2019, 2024, 2025 5 Suomen Cup: 1968, 1989, 2021, 2022, 2024 1 Liigacup: 2006
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Finlandia Categoría:Deporte en Kuopio