Avelino Pazos Pérez, nado en Ramiras (Castrelo de Miño) o 2 de novembro de 1970, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Membro da executiva provincial de Ourense do PPdeG. Obtivo praza de funcionario da Deputación provincial de Ourense como peón de estradas en xaneiro de 2011."El hijo de un alcalde, último contratado en la Diputación de Ourense", La Voz de Galicia, 25-1-2011, p. 11. Concelleiro de Castrelo de Miño polo PPdeG dende as eleccións municipais de 2011. Nas municipais de 2019 encabezou a lista do PPdeG,Avelino Pazos Pérez (Castrelo de Miño - 1970) Faro de Vigo. que obtivo tres concelleiros. Logo de presentar unha moción de censura contra o alcalde Esteban Suárez Méndez co apoio de 2 concelleiros tránsfugas do PSdeG-PSOE, o 11 de agosto de 2020 foi elixido alcalde de Castrelo de Miño. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PP de Castrelo de Miño, conseguindo maioría absoluta con 5 concelleiros.

Preside o primeiro Club de Cata de Aceite de Oliva Virxe de Galicia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Castrelo de Miño

Categoría:Alcaldes de Castrelo de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes