Dmitri Iurievich Kondratiev, nado en Irkutsk o 25 de maio de 1969, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-20 e das expedicións 26 e 27 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Kondratiev graduouse na Escola de Pilotos da Forza Aérea de Kachinsk en 1990 como piloto e enxeñeiro. En 2000 graduouse en Economía, Estatística e Ciencias da Computación pola Universidade Estatal de Moscova e na Academia Iuri Gagarin da Forza Aérea en 2004. Entrou no corpo de cosmonautas en 1997, participando na misión Soiuz TMA-20 formando parte das expedicións 26 e 27 á Estación Espacial Internacional. Pasou 159,30 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-20 Expedición 26 Expedición 27 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Irkutsk