Anthony Perkins, nado en Nova York o 4 de abril de 1932 e finado en Hollywood o 12 de setembro de 1992, foi un actor estadounidense de cinema e teatro, do que o seu traballo máis coñecido foi o seu papel como o asasino en serie Norman Bates no filme Psicose de Alfred Hitchcock (1960).

Traxectoria Perkins era fillo do actor Osgood Perkins (1891-1937) e a súa esposa Janet Esseltyn Rane. Os seus inicios no cine foron inmellorables: debutou no filme The Actress (1953), xunto a Spencer Tracy e Jean Simmons, e recibiu unha candidatura ao Óscar polo seu segundo traballo no filme Friendly Persuasion de 1956, protagonizado por Gary Cooper.

Despois rodou con varias das actrices máis destacadas: cunha moza Sophia Loren (Desire Under the Elms), Silvana Mangano (This Angry Age, 1958), baixo a dirección de René Clement, Audrey Hepburn (Green Mansions, 1959) e a debutante Jane Fonda (Tall Story).

Despois de participacións aclamadas en Broadway, como Té e simpatía con Joan Fontaine, interpretou o protagonista Norman Bates no filme Psicose.

Despois rodou Phaedra con Melina Mercouri, baixo a dirección de Jules Dassin, e realizou o papel de Joseph K. na adaptación ao cinema da obra de Franz Kafka O proceso, dirixida por Orson Welles. Tamén protagonizou Le scandale de Claude Chabrol e participou na superprodución Arde París? (1966) de René Clement. Posteriormente Perkins regresou aos Estados Unidos para realizar o papel dun mozo asasino en Pretty Poison (1968), o cal afectou o resto da súa carreira cinematográfica, que na década de 1970 entrou en declive. A pesar de todo, participou en filmes tan destacados como The Life and Times of Judge Roy Bean de John Huston, Asasinato no Orient Express (1974) e Mahogany (1975). Tamén coescribiu o guión do filme The Last of Sheila (1973) xunto co compositor Stephen Sondheim.

Aínda que a súa actividade no cinema perdeu forza nos anos setenta, Perkins seguiu gozando de éxito nos escenarios de Broadway: en 1974 con Equus, e en 1979 con Romantic Comedy, montaxe teatral que case chegou ás 400 representacións.

Protagonizou nos anos 1980 as secuelas e a precuela de Psicose: Psycho II (que foi un grande éxito de público), Psycho III (que dirixiu el mesmo) e Psycho IV: The Beginning. A pesar do éxito, a maioría dos seus traballos posteriores foron en telefilmes.

En 1991 recibiu o Premio Donostia á súa carreira, outorgado polo Festival de Cinema de Donostia. Nesas datas rodou o filme español Los gusanos no llevan bufanda, comedia dirixida por Javier Elorrieta.

Perkins foi diagnosticado co VIH durante a rodaxe de Psycho IV: The Beginning, e faleceu na súa casa dos Ánxeles o 12 de setembro de 1992 por unha pneumonía relacionada coa SIDA con 60 anos. A súa urna, coa inscrición "Don't Fence Me In", está nun altar nunha terraza da súa casa nos outeiros de Hollywood.Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 36782-36783). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.

Vida privada Perkins era extremadamente tímido, especialmente en compañía das mulleres. Segundo a súa biografía póstuma Split Image de Charles Winecoff, tivo exclusivamente relacións homosexuais ata finais da trintena, incluídos o actor Tab Hunter, o artista Christopher Makos, o bailarín Rudolf Nureyev, o compositor Stephen Sondheim e o coreógrafo Grover Dale. Perkins tamén foi descrito como un dos dous grandes homes na vida do compositor francés Patrick Loiseau.

Perkins tivo a súa primeira experiencia heterosexual aos 39 anos coa actriz Victoria Principal durante a rodaxe de The Life and Times of Judge Roy Bean en 1971. Coñeceu a fotógrafa Berinthia "Berry" Berenson, irmá máis nova da actriz e modelo Marisa Berenson, nunha festa en Manhattan en 1972. Casaron cando el tiña 41 anos e ela 25, o 9 de agosto de 1973 e tiveron dous fillos, o director Oz Perkins (nado en 1974) e o músico Elvis Perkins (nado en 1976). Perkins e Berenson permaneceron casados ata a súa morte. En 2001, o día antes do noveno cabodano de Perkins, a súa esposa faleceu aos 53 anos nos atentados do 11 de setembro a bordo do voo 11 de American Airlines mentres volvía á súa casa a California tras unhas vacacións no Cabo Cod.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1953 The Actress Fred Whitmarsh 1956 Friendly Persuasion Josh Birdwell 1957 Fear Strikes Out Jim Piersall 1957 The Lonely Man Riley Wade 1957 The Tin Star Sheriff Ben Owens 1957 This Angry Age Joseph Dufresne Título alternativo: The Sea Wall 1958 Desire Under the Elms Eben Cabot 1958 The Matchmaker Cornelius Hackl 1959 Green Mansions Abel 1959 On the Beach Tte. Peter Holmes – Royal Australian Navy 1960 Tall Story Ray Blent 1960 Psycho Norman Bates 1961 Goodbye Again Philip Van der Besh 1962 Phaedra Alexis 1962 Five Miles to Midnight Robert Macklin 1962 The Trial Josef K 1963 Le glaive et la balance Johnny Parsons 1964 Une ravissante idiote Harry Compton / Nicholas Maukouline 1965 The Fool Killer Milo Bogardus 1966 Arde París? Sgt. Warren 1967 Le scandale Christopher Belling 1968 Pretty Poison Dennis Pitt 1970 Catch-22 Chaplain Tappman 1970 WUSA Rainey 1970 How Awful About Allan Allan Colleigh Telefilme 1971 Alguén detrás da porta Laurence Jeffries 1971 A década prodixiosa Charles Van Horn 1972 Play It as It Lays B.Z. Mendenhall 1972 The Life and Times of Judge Roy Bean Reverend LaSalle 1973 The Last of Sheila Coguionista con Stephen Sondheim 1974 Lovin' Molly Gid Frye 1974 Asasinato do Orient Express Hector McQueen 1975 Mahogany Sean McAvoy 1978 Remember My Name Neil Curry 1978 First, You Cry Arthur Heroz Telefilme 1978 Les Misérables Javert Telefilme 1979 Winter Kills John Cerruti 1979 Twee vrouwen Alfred Boeken 1979 The Black Hole Dr. Alex Durant 1980 North Sea Hijack Lou Kramer Títulos alternativos: ffolkes e Assault Force 1980 Deadly Companion Lawrence Miles Título alternativo: Double Negative 1983 The Sins of Dorian Gray Henry Lord Telefilme 1983 Psycho II Norman Bates 1984 Crimes of Passion Reverend Peter Shayne 1986 Psycho III Norman Bates Tamén director 1988 Destroyer Robert Edwards 1988 Lucky Stiff Director 1989 Edge of Sanity Dr. Henry Jekyll / Jack "The Ripper" Hyde 1990 Daughter of Darkness Anton / Prince Constantine Telefilme 1990 I'm Dangerous Tonight Professor Buchanan Telefilme 1990 Psycho IV: The Beginning Norman Bates Telefilme 1991 A Demon in My View Arthur Johnson 1992 Los gusanos no llevan bufanda El Mecano 1992 In the Deep Woods Paul Miller, P.I. Telefilme

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bergan, Ronald: Anthony Perkins: A Haunted Life. Londres: Little, Brown and Company, 1995; . Hilton, Johan: Monster i garderoben: En bok om Anthony Perkins och tiden som skapade Norm Bates. Estocolmo: Natur & Kultur, 2015; . Capua, Michelangelo "Anthony Perkins. Prigioniero della Paura". Torino, Lindau, 2003; Ligazóns externas Psycho star Anthony Perkins on playing Norman Bates Anthony Perkins interviewed by Mike Wallace en The Mike Wallace Interview 22 de marzo de 1958

Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Paseo da Fama de Hollywood