Os montes Pónticos ou Alpes Pónticos (en , que significa Montes de Anatolia do Norte) forman unha cordilleira no norte de Anatolia, Turquía. Son coñecidos como Montes Parhar nas linguas locais turca e grego póntico. O vocábulo Parhar procede dunha palabra hitita que significa "alto" ou "cumio". En grego antigo os montes coñecíanse como os Paryadres ou montañas Parihedri.

Xeografía miniatura|esquerda|upright=1.36|Vista panorámica dos montes Pónticos en 2007 O cordal vai de leste a oeste, paralelo á próxima costa do mar Negro. Esténdese polo nordés ata Xeorxia e polo oeste ata o mar de Mármara, co contraforte ao noroeste dos montes Küre (e a súa extensión occidental, os montes Akçakoca) e dos montes Bolu, seguindo a costa. O pico máis alto da cordilleira é o Kaçkar Dağı, que alcanza os 3937 m. As fallas de Anatolia Norte e de Anatolia Nordés, de leste a oeste, corren ao longo do cordal.

Ecoloxía Os montes están en xeral cubertos por bosques densos, predominantemente de confíeras. Estes bosques forman unha ecorrexión que cobre a maioría da cordilleira, mentres que os bosques mixtos do Cáucaso se estenden pola parte máis oriental do cordal, coñecido como montes Kaçkar. A rexión é o fogar de moita fauna eurasiática como o gabián eurasiático, a aguia real, a Aquila heliaca, a aguia pomerana, o Lyrurus mlokosiewiczi, o Serinus pusillus e o gabeador vermello. A estreita faixa costeira entre os montes e o mar Negro, coñecida como Ponto é o fogar dos bosques de frondosas de Ponto Euxido-Cólquida que contén algúns dos poucos bosques temperados húmidos do mundo. A meseta de Anatolia, ao sur do cordal, ten un clima continental considerabelmente máis seco que a húmida costa.

Notas

Categoría:Xeografía de Turquía Categoría:Xeografía de Xeorxia Pónticos, montes