A das posidoniáceas, Posidoniaceae, é unha familia de plantas fanerógamas anxiospermas mariñas da orde das alismatales que se estenden polo mar Mediterráneo e pola costa sur de Australia.
A familia comprende un só xénero, Posidonia, con 9 especies admitidas na actualidade.
Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita, segundo algúns autores, polo botánico británico Sydney Howard Vines,Posidonia König, 1805 no WoRMS. Consultado o 12 de agosto de 2020. ou, segundo outros, polo seu compatriota, tamén botánico e taxonomista, John Hutchinson.
Xénero O xénero describiuno en 1805 o paleontólogo e botánico alemán Karl Dietrich Eberhard König
Etimoloxía O nome Posidonia deriva de Poseidón (en grego antigo Ποσειδώνιος, Poseidōnios) deus, na mitoloxía grega, dos océanos e das augas.
Especies A familia está constituída por un só xénero, Posidonia, que comprende, segundo a lista dos Reais Xardíns Botánicos de Kew, e máis o World Register of Marine Species, as seguintes nove especies:World Checklist of Selected Plant Families (WCSP) . Consultada o 12 de agosto de 2020. Posidonia angustifolia Cambridge & J.Kuo, 1979 Posidonia australis Hook.f., 1858 Posidonia coriacea Cambridge & J.Kuo, 1984 Posidonia denhartogii J.Kuo & Cambridge, 1984 Posidonia kirkmanii J.Kuo & Cambridge, 1984 Posidonia oceanica (L.) Delile, Descr. Égypte, 1813 Posidonia ostenfeldii Hartog, Verh. Kon. Ned. Akad. Wetensch., Afd. Natuurk., Sect. 2, 1970 Posidonia robertsoniae J.Kuo & Cambridge, 1984 Posidonia sinuosa Cambridge & J.Kuo, 1979
Nota taxonómica A familia foi recoñecida polo APG II (2003), que lle asignou o número de familia 40.
Características Son plantas herbáceas perennes, rizomatosas (con rizoma monopodial), mariñas, mergulladas, que medran reunidas en grupos co aspecto de pasteiro, polo que estes grupos se coñecen co nome de pradarías submarinas. As flores son hermafroditas, aclamídeas, con tres estames e con xineceo unicarpelar. As inflorescencias son cimosas, espiciformes, provistas de brácteas foliosas. O froito é unha baga.
Ecoloxía As especies desta familia están distribuídas no mar Mediterráneo e na costa sur de Australia. A única especie endémica do Mediterráneo é Posidonia oceanica.
En maio de 2006 achouse nas proximidades de Formentera, illas Baleares, un exemplar desta especie de 8 km de longo,Localizan en Formentera el ser vivo más grande del mundo: una posidonia en novaciencia.com Consultada o 12 de agosto de 2020 que é a planta máis grande coñecida, e o maior ser vivo (sen considerar os fungos); o seu ritmo de crecemento é de 2 cm por ano, e a súa idade estimouse en 100 000 anos.As praderías submarinas do Mediterráneo absorben medio millón de toneladas de CO2 ao ano en El Mundo.
Esta especie está en perigo a causa da Caulerpa taxifolia, xa que é velenosa e a pudre.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lamiales Posidonia oceanica
Ligazóns externas Posidoniaceae en L. Watson & M. J. Dallwitz (1992 en adiante) . The families of flowering plants . Flora Europaea: Posidonia
Categoría:Alismatales