Robert Shane Kimbrough, nado en Killeen, Texas, o 4 de xuño de 1967, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-126 e Soiuz MS-02, ademais de ser membro das expedicións 49 e 50 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Kimbrough graduouse en enxeñería aeroespacial pola Academia Militar de West Point en 1989. É máster en operacións de investigación polo Instituto Tecnolóxico de Georgia en 1998.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 2004, participando nas misións STS-126 e Soiuz MS-02 e sendo membro das expedicións 49 e 50 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 188,99 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-126 Soiuz MS-02 Expedición 49 Expedición 50 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Texas