Miguelanxo Lar, nado en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 22 de decembro de 1981, é un cineasta e escritor galego.
Traxectoria Iniciou a carreira de Dereito, que abandonou para estudar cine en Barcelona. Colaborou no filme Sicixia de Ignacio Vilar, e realizou un documental sobre a fala galegoportuguesa do val estremeño de Xálima. Traballa na casa museo de Uxío Novoneyra, xestionada pola fundación Uxío Novoneyra. En 2018 autoeditou a súa primeira novela, Latineuropa.«Creo que na literatura galega é necesario romper moldes» En 2020 apareceu a súa segunda novela, Mare Vostrum.Miguelanxo Lar: "Se non fose pola influencia de Uxío Novoneyra non me daba por escribir"
Obras Latineuropa, 2018. Mare Vostrum, 2020.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Folgoso do Courel Categoría:Nados en 1981