Arnoldas Kulboka, nado o 21 de marzo de 1998 en Flint, Míchigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Promitheas Patras BC da A1 Ethniki. Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Kulboka foi seleccionado polos Charlotte Hornets na 55ª posición do Draft da NBA de 2018. En 2018 disputou a Liga de Verán da NBA cos Hornets.
O 6 de agosto de 2019, Kulboka asinou co Bilbao Basket da Liga ACB. Na súa primeira tempada en Bilbao, acadou 8.5 puntos e 3.6 rebotes por encontro. O 12 de xuño de 2020, Kulboka e o Bilbao Basket renovaron o contrato do xogador dúas tempadas máis.
O 3 de agosto de 2021, Kulboka asinou cos Charlotte Hornets un contrato por un ano, nun acordo no que dividiría o tempo de xogo entre os Hornets e o seu afiliado da NBA G League, os Greensboro Swarm. O 11 de decembro de 2021, Kulboka debutou na NBA contra os Sacramento Kings.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no condado de Marijampolė Categoría:Xogadores de baloncesto de Lituania Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores do Brose Baskets Categoría:Xogadores do Orlandina Basket Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores do Promitheas Patras BC