Georgios "Yorgos" Lanthimos (en , Giorgios Lanthimos), nado en Pangrati (Atenas) o 23 de setembro de 1973, é un director de cinema e teatro, produtor e guionista grego.

Traxectoria Lanthimos naceu en Atenas e foi criado principalmente pola súa nai. O seu pai, Antonis Lanthimos, era un xogador profesional de baloncesto que xogou no Pagrati B.C. e na selección grega e tamén adestrou na escola Moraitis. Tras graduarse na escola Moraitis, pasou a estudar administración de empresas e xogou un tempo no Pagrati B.C. Posteriormente deixouno para estudar dirección de cinema e televisión na Escola Stavrakos (HCTSS) de Atenas.

Durante a década de 1990 dirixiu vídeos para compañías de teatro e danza de Grecia. Dende 1995 dirixiu numerosos anuncios televisivos, videoclips, curtametraxes e obras de teatro experimental. Foi tamén membro do equipo creativo que deseñou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas.

O debut de Lanthimos na longametraxe foi co filme comercial O kaluteros mou psilos onde compartía créditos con Lakis Lazopoulos e ao que seguiu o filme experimental Kinetta, estreado no Festival de Cinema de Toronto de 2005. O seu terceiro filme, Kynodontas, gañou o premio da sección Un Certain Regard no Festival de Cannes de 2006 e foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. O seu cuarto filme, Alpeis (2011) gañou o premio Osella ao mellor guión no Festival de Venecia.

O seu filme The Lobster foi seleccionado para competir no Festival de Cannes de 2015, onde gañou o premio do xurado. No 75.º Festival de Venecia estreou The Favourite (2018), que gañou o premio do xurado e recibiu dez candidaturas aos Óscar na 91.ª edición dos premios, incluídos os de mellor filme e mellor director para Lanthimos.

Filmografía Ano Título Director Guionista Produtor Notas 2001 O kaluteros mou psilos Debut na direcciónCodirector, con Lakis Lazopoulos 2005 Kinetta Debut como director en solitario 2009 Kynodontas 2010 Attenberg Tamén actor 2011 Alpeis 2015 The Lobster 2017 The Killing of a Sacred Deer 2018 The Favourite

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Yorgos Lanthimos by Peter Strickland Bomb Yorgos Lanthimos at the Greek Film Centre's website

Categoría:Nados en Atenas Categoría:Nados en 1973 Categoría:Directores de cinema de Grecia Categoría:Guionistas de Grecia Categoría:Produtores de cinema