miniatura|250x250px|A rexión da cordilleira Kunlun. miniatura|Pico na cordilleira Kunlun. Kunlun (en , tradicional: 崑崙山, Kūnlún Shān; en , Khöndlön Uuls; en ) é unha das máis longas cadeas montañosas de Asia, estendéndose ao longo de máis de 3000 km.

Corre ao longo do bordo occidental da China, cara ao Sur, á beira da cordilleira do Pamir, curvándose logo cara ao leste para formar a fronteira norte do Tíbet. Esténdese ao sur do que se denomina a conca do Tarim, o Taklamakan ou deserto das "casas soterradas na area" e o deserto de Gobi. A cordilleira ten preto de 200 picos de altura superior aos 6000 metros. O tres picos máis altos son o Kongur Tagh (7719 m), o Dingbei (7625 m) e o Mutzagata (7546 m). Estes picos atópanse na cordilleira Arkatag dentro do complexo de cordais.

Cara ao sur, unha rama das montañas Kunlun dá lugar á zona de captación das concas dos dous ríos máis longos da China, o Yangtzé e o río Amarelo.

A cordilleira formouse no lado norte da placa india durante a súa colisión a finais do Triásico, coa placa eurasiática, dando lugar ao peche do océano Paleo-Thetys.

Extensión A definición exacta da cordilleira varía. Unha fonte antiga emprega Kunlun para identificar o cinto de montañas que cruzan o centro da China, é dicir, Kunlun en sentido estreito: Altyn Tagh xunto coas montañas Qilian e Qin. Outra fonte recenteNational Geographic Atlas of China, 2008 considera que o Kunlun forma a maior parte da cara sur da conca do Tarim e logo continúa polo leste e o sur de Altyn Tagh. Sima Qian (Rexistros do Grande Historiador, rolo 123) di que o emperador Wu de Han enviou homes a atopar o nacemento do río Amarelo e deu o nome de Kunlun ás montañas da súa fonte. O nome parece que se orixinou como un lugar semimítico no texto clásico chinés Clásico das Montañas e dos Mares.

Mitoloxía As montañas Kunlun son moi coñecidas na mitoloxía chinesa, e considérase que encerran o paraíso taoísta. O primeiro en visitar este paraíso foi, segundo a lenda, o rei Mu (1001-947 a.C.) da dinastía Zhou. Supostamente descubriu o Palacio de Xade de Huangdi, o mítico emperador amarelo, e atopou a Xiwangmu, a Raíña Nai do Oeste, que tamén ten o seu mítico refuxio nestas montañas.

Na cultura popular As montañas Kunlun (escritas como "Kuen-Lun") descríbense como o lugar no que está o mosteiro de Shangri-La na novela de 1933 Lost Horizon do inglés James Hilton.

As montañas son a localización da cidade ficticia de K'un Lun na banda deseñada de Marvel Comics Iron Fist e na serie de televisión homónima.

No Kunlun ambiéntase unha misión do videoxogo de 2013 Battlefield 4 en que aparece unha prisión chinesa de alta seguridade situada nas montañas. O mapa multixogador Operation Locker tamén inclúe o lugar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Munro-Hay, Stuart Aksum. Edimburgo: University Press. 1991. .

Categoría:Xeografía da China Categoría:Mitoloxía chinesa Categoría:Cordilleiras de Asia