Inquietudes foi unha revista literaria editada na Coruña entre 1946 e 1950.
Historia e características Revista literaria da "Peña Domingo" da Coruña,El comenzar del poeta, La Voz de Galicia, 5-4-1946, p. 5. apareceu en febreiro de 1946. As peñas Domingo foron unha iniciativa de Armando Grande para agrupar aos escritores noveis, que recolleu e estimulou o semanario Domingo de Madrid, difundíndoas por España.La Voz de Galicia, 5-4-1946, p. 5. De periodicidade irregular, estaba dirixida por Isidro González del Castillo. Contiña sobre todo colaboracións literarias. Entre os seus colaboradores figuraron Xavier Costa Clavell, Raúl Grien, Eliseo Alonso, Francisco Deus Bonome e María Victoria Fernández-España. A partir do 1 de agosto de 1949 reiniciou a súa publicación pasando a ser órgano da Ciudad de los Muchachos.La Voz de Galicia, 20-7-1949, p. 2.La Voz de Galicia, 7-10-1949, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña
Categoría:1946 en Galicia Categoría:Revistas literarias de España