María Elena Suárez Sarmiento, nada en León o 30 de outubro de 1965, é unha política galega do PPdG, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Pontevedra. miniatura|Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria Foi secretaria de Novas Xeracións de Galicia e concelleira de Traballo, Benestar, Igualdade e Deportes de Vilagarcía de Arousa de 2011 a 2015. Foi candidata ao Congreso dos Deputados de número tres na papeleta do PP da Circunscrición de Pontevedra nas Eleccións xerais de abril de 2019 e de número catro na de novembro do mesmo ano. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 10 da lista do Partido Popular pola Circunscrición electoral de Pontevedra,"Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. obtendo acta de deputada autonómica.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Parlamento de Galicia López, María (3/3/2020) "El PP prescinde de Marta Rodríguez y aúpa a Elena Suárez a la candidatura de las autonómicas" Faro de Vigo .

Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en León Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia