miniatura|250px|Esquema dun KH-8. KH-8 (Keyhole-8) ou Gambit-3 foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos, e que contou con catro variedades ou bloques máis un satélite especialmente modificado.

KH-8 Bloque 1 Os KH-8 foron a segunda xeración de satélites de recoñecemento de alta resolución, co Bloque 1 sendo a primeira iteración desta serie.

A diferenza dos KH-7, os KH-8 volveron usar a etapa Agena D como sistema de control de voo. Os sistemas ópticos e de retorno de película estaban situados nun compartimento na parte anterior da etapa. A cámara tiña unha distancia focal de 4,46 m e usaba un sistema de espellos para chegar a unha resolución de 0,1 m, cerca do límite teórico de resolución imposto pola turbulencia atmosférica. Ademais da cámara principal, os KH-7 levaban un conxunto de tres cámaras denominado APTC (Astro-Position Terrain Camera) para contextualizar as imaxes de alta resolución.

Lanzáronse un total de 22 KH-8 Bloque 1 entre 1966 e 1969 usando foguetes Titan 3B, con tres fallos durante o lanzamento.

KH-8 Bloque 2 O Bloque 2 introduciu un segundo vehículo de reentrada para poder enviar a terra película fotográfica adicional, incrementando a información que proporcionaba cada satélite. Tiñan a mesma estrutura xeral que o Bloque 1 e a cámara as mesmas prestacións, con 0,1 m de resolución. Os 14 KH-8 Bloque 2 foron lanzados entre 1969 e 1972 usando foguetes Titan 23B e Titan 24B, cun so fallo durante o lanzamento.

KH-8 Bloque 3 Co Bloque 3 mellorouse a interconexión móbil entre a etapa Agena D e o compartimento da cámara e as cápsulas de retorno, mellorando a axilidade da cámara para tomar fotos. Tamén se incrementou a cantidade de película dispoñible. Lanzáronse 11 KH-8 Bloque 3 entre 1972 e 1976 usando foguetes Titan 24B, cun so fallo durante o lanzamento.

KH-8 Bloque 4 O Bloque 4 engadiu varias melloras, como un motor mellorado para a película, un escudo térmico de material mellorado para as cápsulas de retorno de película, un novo sistema de enfocado, melloras en redundancia e fiabilidade e telemetría mellorada, entre outros. Un novo sistema de exposición permitía usar dous tipos de película á vez, mellorando a eficiencia do sistema. Lanzáronse seis KH-8 Bloque 4 entre 1977 e 1984 usando foguetes Titan 24B.

KH-8 Dual Mode ou Highboy O KH-8 Dual Mode foi un KH-8 especialmente modificado para obter imaxes tanto en alta como en baixa resolución. Unha das dúas cápsulas de retorno de película non puido ser recuperada e a outro regresou, pero coa película degradada.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasKH-8 1 29 de xullo de 1966 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 2 28 de setembro de 1966 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 3 14 de decembro de 1966 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 4 24 de febreiro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 5 26 de abril de 1967 Titan-3B Agena-D Fallo. Bloque 1.KH-8 6 20 de xuño de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 7 16 de agosto de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 8 19 de setembro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 9 25 de outubro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 10 5 de decembro de 1967 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 11 18 de xaneiro de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 12 13 de marzo de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 13 17 de abril de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 14 5 de xuño de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 15 6 de agosto de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 16 10 de setembro de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 17 6 de novembro de 1968 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 18 4 de decembro de 1968 Titan-3B Agena-D Fallo parcial. Bloque 1.KH-8 19 22 de xaneiro de 1969 Titan-3B Agena-D Fallo parcial. Bloque 1.KH-8 20 4 de marzo de 1969 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 21 15 de abril de 1969 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 22 3 de xuño de 1969 Titan-3B Agena-D Éxito. Bloque 1.KH-8 2323 de agosto de 1969 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 2424 de outubro de 1969 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 2514 de xaneiro de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 2615 de abril de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 2725 de xuño de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 2818 de agosto de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 2923 de outubro de 1970 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 3021 de xaneiro de 1971 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 3122 de abril de 1971 Titan-3(23)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 3212 de agosto de 1971 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 3323 de outubro de 1971 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 3417 de marzo de 1972 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 3520 de maio de 1972 Titan-3(24)B Agena-D Fallo. Bloque 2.KH-8 361 de setembro de 1972 Titan-3(24)B Agena-D Éxito. Bloque 2.KH-8 37 21 de decembro de 1972 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 38 16 de maio de 1973 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 39 26 de xuño de 1973 Titan-3(24)B Agena-DFallo. Bloque 3.KH-8 40 27 de setembro de 1973 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 41 13 de febreiro de 1974 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 42 6 de xuño de 1974 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 43 14 de agosto de 1974 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 44 18 de abril de 1975 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 45 9 de outubro de 1975 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 46 22 de marzo de 1976 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 4715 de setembro de 1976 Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 3.KH-8 4813 de marzo de 1977Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 4.KH-8 4923 de setembro de 1977Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 4.KH-8 5028 de maio de 1979Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 4.KH-8 5128 de febreiro de 1981Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 4.KH-8 5221 de xaneiro de 1982Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Dual Mode.KH-8 5315 de abril de 1983Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 4.KH-8 5417 de abril de 1984Titan-3(24)B Agena-DÉxito. Bloque 4.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos KH-1 KH-2 KH-3 KH-4 KH-5 KH-6 KH-7 KH-9 KH-10 KH-11 Titan 3B Titan 23B Titan 24B Agena D

Categoría:Satélites artificiais