O Lameiro é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Debido a súa localización con respecto ao principal núcleo de poboación do concello, apenas a un quilómetro da casa do concello do Pino, no Pedrouzo, e a proximidade a outros lugares como O Monte, Reboredo (onde hai un bo feixe de instalacións municipais), Pazos, Vilaboa e O Burgo, tense desenvolvido un polo de instalacións municipais nos seus arredores.

Instalacións e infraestruturas Campo de fútbol de Lameiro miniatura|Campo de fútbol de Lameiro Neste lugar atópase un dos dous campos de fútbol no que se adestra o equipo Sociedade Deportiva O Pino, que en 2020 militaba no grupo 2º de Primeira Galicia. Este campo é o máis antigo dos dous, sendo o outro o campo de fútbol de Reboredo. Ten o céspede de herba. deseñado en 1997 polo equipo de arquitectos de Mario di Felice Vázquez e Alberto Corral Corral, dentro do Concurso de ideas para Campos de Fútbol. Plan 2000, sendo rematado en 2001. O seu deseño baseouse no desexo de que, incluso os asistentes á parte superior dos chanzos, tivesen a sensación de ver o partido case á mesma altura que o propio xogador. Está construída con grandes lousas de formigón, mesturadas con lixeiras estruturas metálicas para a cuberta, cos chanzos e outros complementos en madeira, e cristal vidrado para dar luz aos vestiarios baixo os chanzos. O deseño foi premiado pola Deputación da Coruña co primeiro premio do Concurso do Plan 2000.

En 2013 sufriu un roubo de todo o seu cableado e a súa fontanería, o que o deteriorou dun xeito importante. O seu estado no 2020 motivou as queixas da oposición no Concello do Pino.

Piscina municipal de Lameiro miniatura|Instalacións da piscina de Lameiro En setembro de 1997 co apoio financeiro da Deputación da Coruña, inaugurouse o complexo de piscinas municipais do concello, que levan o nome deste lugar. Asistiron ao acto o presidente da Deputación, Augusto César Lendoiro e o alcalde do concello, Manuel Taboada Vigo. As piscinas están ao ar libre e son dúas, unha para adultos e outra para nenos. A primeira ten uns 300 m² cun longo duns 20 m, mentres que a segunda ten forma de ril e uns 40 m² de superficie. Dispón dos servizos propios dunha piscina pública, así como un bar de xestión privada.

Ao seu carón construíuse tamén unha área recreativa, con merendeiros cubertos, que conta cun parque infantil e un pequeno campo de fútbol.

Pavillón municipal de Lameiro miniatura|Frontal do Pavillón municipal de Lameiro Tamén chamado Pista Polideportiva de Lameiro, é un centro deportivo que foi construído en 2010 e inaugurado en decembro de 2012 polo presidente da Deputación da Coruña, que foi a principal entidade financeira, Diego Calvo Pouso, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada. Ten unha capacidade para 300 espectadores. Veu completar a oferta deportiva no Pedrouzo, que xa contaba con outro pavillón en Reboredo, algo máis preto do centro da capital municipal e integrado no CPI Camiño de Santiago.

Estas instalacións están preparadas para a práctica de fútbol sala, baloncesto e balonmán. Aquí adestran e xogan os equipos de futsal do concello. Neste pavillón algúns combinados nacionais ten realizadas concentracións para a preparación de campionatos, como a Selección Nacional de Futsal de Guatemala para o Premundial de Costa Rica 2016 ou a Selección Galega de Futsal para o Campionato de España de seleccións autonómicas da RFEF 2019.

Ao igual que sucedese antes co Pavillón municipal de Reboredo, este espazo tense usado eventualmente como albergue de peregrinos en momentos de grande afluencia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Arca

Parroquias do Pino

Notas

Categoría:Lugares do Pino