Messiah é un EP da banda inglesa de metal industrial Godflesh. O EP foi orixinalmente gravado e mesturado en 1994 e foi editado de forma independente para os membros do club de fans do grupo o 5 de decembro de 2000 xunto con catro remesturas, que foran creadas en 1995. Despois de que Justin Broadrick disolvese Godflesh, reeditou o material a través do selo Relapse Records o 1 de abril de 2003.
Edición A versión orixinal de Messias para o club de fans foi lanzada o 5 de decembro de 2000 a través do propio selo da banda, Avalanche Recordings, e estivo limitada a 1 000 copias cunha portada distinta ao do EP final. Este foi a primeira edición de Avalanche. O de abril de 2003 Messiah foi distribuído en CD por Relapse Records, e o 5 de febreiro de 2008 o EP publicouse como tres edicións de vinilo dobre (unha con portadas únicas, outra con discos claros, outra con discos brancos e todas limitadas a 1 000 copias cada unha).
Listaxe de cancións Tódalas cancións foron escritas por Justin Broadrick e G.C. Green.
Notas
Categoría:EPs de Godflesh Categoría:EPs musicais de 2000 Categoría:EPs de Relapse Records