David Suárez Varela, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1992, é un humorista galego.

Fíxose coñecido principalmente por protagonizar e crear en 2013 a serie web Vincent Finch: Diario de un ego, así como polas súas colaboracións nos programa Late Motiv de Andreu Buenafuente e Yu: No te pierdas nada de Dani Mateo. No seu estilo de comedia destaca o humor negro, polo que se viu envolto en varias polémicas.

Traxectoria Estudou comunicación audiovisual na URJC de Madrid e deuse a coñecer en 2013 coa webserie Vincent Finch: Diario de un ego.‘Vincent Finch: Diario de un ego’, la esencia del humor negro en cienmegas.es En 2015 foi guionista da webserie Famosos y una vieja. En 2018 colaborou en tres emisións do programa de televisión Late Motiv, presentado por Andreu Buenafuente.El día que Buenafuente despidió a David Suárez en directo en publico.es Máis tarde uniuse ao programa de radio Yu: No te pierdas nada.David Suárez en Yorokobu En 2018 publicou o cómic Agonía infinita, unha recompilación de viñetas de humor negro, publicadas anteriormente no seu Facebook e Instagram.Las viñetas más bestias de 'Agonía Infinita' comentadas por su autor en elpais.com

En abril de 2019 foi despedido de Yu: No te pierdas nada, como consecuencia da polémica xerada tras a publicación na súa conta de Twitter dun chiste sobre as persoas con síndrome de Down.David Suárez es despedido de «Yu, no te pierdas nada» tras un polémico tuit en abc.es Dito chiste custoulle unha denuncia ante os tribunais e unha petición da Fiscalía de case dous anos de cárcere.

En 2020 interpretou un enfermeiro na serie de Atresmedia Veneno.

Obras

Notas

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en 1992 Categoría:Alumnos da Universidade Rei Xoán Carlos