Beulah Bondi, nada como Beulah Bondy en Chicago o 3 de maio de 1889 e finada nos Ánxeles o 11 de xaneiro de 1981,According to the State of California. California Death Index, 1940–1997. Center for Health Statistics, California Department of Health Services, Sacramento, California. At Ancestry.com foi unha actriz estadounidense.Obituario en Variety, 21 de xaneiro de 1981. Comezou a súa carreira de nena no escenario e tras establecerse como actriz de teatro repetiu o papel de Street Scene para a adaptación cinematográfica de 1931. Interpretou papeis secundarios na década de 1930 e foi candidata ao Óscar en dúas ocasións. Interpretou a nai de James Stewart en catro filmes: Of Human Hearts, Vivacious Lady, Mr. Smith Goes to Washington (1939) e Que fermoso é vivir (1946).

Traxectoria Bondi naceu en Chicago, Illinois, filla de Eva Suzanna Marble, escritores, e de Abraham O. Bondy, que traballaba en inmobiliaria. A familia mudouse a Valparaiso, Indiana, cando tiña tres anos e Bondi comezou a actuar no escenario aos sete anos, interpretando a Cedric Errol nunha produción de Little Lord Fauntleroy na Memorial Opera House de Valparaiso. Graduouse da Frances Shimer Academy (posteriormente Shimer College) en 1907, e obtivo graos en oratoria pola Universidade de Valparaiso en 1916 e 1918.

Debutou en Broadway na obra de Kenneth Seymour Webb One of the Family no 49th Street Theatre o 21 de decembro de 1925. A continuación apareceu noutro éxito, Saturday's Children de Maxwell Anderson en 1926. A interpretación de Bondi en Street Scene, obra gañadora do Pulitzer de Elmer Rice, estreada no Playhouse Theatre o 10 de xaneiro de 1929, a que levou a Bondi ao cinema con 43 anos. O seu debut nese medio foi con "Emma Jones" en Street Scene (1931), que protagonizou Sylvia Sidney, e en que Bondi repetiu o seu papel teatral, ao que seguiu "Mrs. Davidson" en Chuvia (1932), protagonizado por Joan Crawford e Walter Huston.

Bondi foi unha das cinco mulleres que foron nomeadas na primeira edición en que se entregou o Óscar á mellor actriz secundaria polo seu traballo en The Gorgeous Hussy, aínda que perdeu contra Gale Sondergaard. Dous anos despois volveu ser candidata por Of Human Hearts. Interpretou papeis de muller madura nos primeiros anos da súa carreira, aínda que apenas entrara na corentena. En 1940 interpretou a Mrs. Webb en Sinfonía da vida e a Granny Tucker en The Southerner, dirixido por Jean Renoir e estreado en 1945."Beulah Bondi" , filmography, Turner Classic Movies (TCM), Turner Broadcasting System, a subsidiary of Time Warner, Inc., Nova York. Consultado o 22 de maio de 2018.

Polas súas contribucións á industria cinematográfica, Bondi recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1960. Está situada no 1718 de Vine Street.

Bondi tivo a súa última aparición na pantalla en The Waltons nos capítulos "The Conflict" (setembro de 1974) e "The Pony Cart" (decembro de 1976). Recibiu un Emmy pola súa interpretación nese último capítulo. Cando dixeron o seu nome, ao principio parecía que non estaba presente, mais recibiu unha grande ovación e mentres camiña paseniño ata a tarimo, onde agradeceu ao público que a honrasen mentres aínda estaba viva.

Bondi falecu por complicacións pulmonares causadas pola rotura dunhas costelas que sufriu cando tropezou co seu gato. Tiña 91 anos.

Filmografía Year Title Role Notes1931 Street Scene Emma Jones Arrowsmith Mrs. Tozer Sen acreditar 1932 Chuvia Mrs. Davidson1933 The Stranger's Return Beatrice Storr Christopher Bean Mrs. Hannah Haggett1934 Two Alone Mrs. Slag Registered Nurse Miss McKenna Finishing School Her Teacher / Miss Van Alstyne The Painted Veil Frau Koerber Scenes cut Ready for Love Mrs. Burke1935 The Good Fairy Dr. Schultz Bad Boy Mrs. Larkin1936 The Invisible Ray Lady Arabella Stevens The Trail of the Lonesome Pine Melissa Tolliver The Moon's Our Home Mrs. Boyce Medford The Case Against Mrs. Ames Mrs. Livingston Ames Hearts Divided Madame Letizia The Gorgeous Hussy Rachel Jackson1937 Maid of Salem Abigail - His Wife Make Way for Tomorrow Lucy Cooper1938 The Buccaneer Aunt Charlotte Of Human Hearts Mary Wilkins Vivacious Lady Martha Morgan The Sisters Rose Elliott1939 On Borrowed Time Nellie - Granny The Under-Pup Miss Thornton Mr. Smith Goes to Washington Ma Smith1940 Remember the Night Mrs. Sargent Sinfonía da vida Mrs. Webb The Captain Is a Lady Angie Peabody1941 Penny Serenade Miss Oliver The Shepherd of the Hills Aunt Mollie Matthews One Foot in Heaven Mrs. Lydia Sandow1943 Tonight We Raid Calais Mme. Bonnard Watch on the Rhine Anise1944 She's a Soldier Too Agatha Kittredge I Love a Soldier Etta Lane Our Hearts Were Young and Gay Miss Horn The Very Thought of You Mrs. Harriet Wheeler And Now Tomorrow Aunt Em1945 Back to Bataan Bertha Barnes The Southerner Granny Tucker1946 Breakfast in Hollywood Mrs. Annie Reed Sister Kenny Mary Kenny Que fermoso é vivir Ma Bailey 1947 High Conquest Clara Kingsley1948 The Sainted Sisters Hester Rivercomb The Snake Pit Mrs. Greer So Dear to My Heart Granny Kincaid1949 The Life of Riley Miss Martha Bogle Reign of Terror Grandma Blanchard Mr. Soft Touch Mrs. Clara Hangale1950 The Baron of Arizona Loma The Furies Mrs. Anaheim 1952 Lone Star Minniver Bryan 1953 Latin Lovers Analyst 1954 Track of the Cat Ma Bridges 1956 Back from Eternity Martha Spangler1957 The Unholy Wife Emma Hochen On Borrowed Time 'Granny' Northrup Telefilme1959 The Big Fisherman Hannah A Summer Place Mrs. Emily Hamilton Hamble 1961 Tammy Tell Me True Mrs. Annie Call 1962 The Wonderful World of the Brothers Grimm The Gypsy ('The Dancing Princess') 1963 Tammy and the Doctor Mrs. Annie Call 1972 She Waits Mrs. Medina Telefilme 1974-1976 The Waltons Martha Corinne

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Great Character Actors

Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Illinois Categoría:Paseo da Fama de Hollywood