O río Madeira é o principal afluente sur do río Amazonas e o único da marxe dereita que lle achega augas da parte do hemisferio sur da cordilleira dos Andes. O sistema fluvial do Madeira—Mamoré—Grande, cunha lonxitude de 4207 km, faino un dos principais cursos de auga de Suramérica e está entre os vinte máis longos do mundo, así como tamén é un dos dez máis caudalosos do mundo.

A súa enorme cunca comprende parte do Brasil, Bolivia e o Perú e proporciónalle un caudal duns 32 000 m³/s. O río Madeira transcorre case integramente por territorio brasileiro, sendo nun pequeno tramo a fronteira internacional con Bolivia.

Fauna A fauna ictiolóxica do río Madeira é particularmente rica. Ademais, unha subespecie do golfiño Inia geoffrensis, o Inia geoffrensis boliviensis, habita no sistema do Madeira e está en perigo de extinción.

Véxase tamén

Ligazóns externas El Desarrollo de la Amazonía Bolivia «Megaproyecto Hidroeléctrico y de Navegación del Río Madera», de Jorge Molina Carpio Os Ríos Amazonas e Madeira: debuxos e descricións do caderno de notas dun explorador

Categoría:Afluentes do Amazonas Categoría:Ríos de Bolivia