Eliseo Loriga Parra, III conde do Grove, nado na Coruña en 1869 e finado en Madrid o 16 de novembro de 1959,Necrolóxica en ABC, 18-11-1959, p. 89. foi un militar e político galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín Loriga Taboada e irmán de Josefa Loriga Parra. Capitán de artillaría e profesor da Escola Nacional de Tiro. En 1906 foi nomeado mordomo de semana de S. M. el Rei. Foi profesor do príncipe de Asturias. A finais de 1926 foi destinado como coronel de artillaría ao terceiro rexemento de Montaña da gornición da Coruña. En 1928 foi nomeado director do Colexio de Orfos de Santa Bárbara. Ascendeu a xeneral de brigada a principios de 1931,El Eco de Santiago, 20-1-1931, p. 1. e pouco despois foi nomeado director da Escola Central de Tiro. Pasou á segunda reserva en 1935 por alcanzar a idade. Instalado en Madrid, foi declarado sospeitoso de desafección ao réxime republicano, polo que estivo preso no cárcere de Santo Antón dende agosto de 1936 ata maio de 1937, cando foi declarado inocente e liberado. Ao rematar a guerra foi nomeado gobernador militar de Biscaia, cesando o 23 de xaneiro de 1942.BOE núm. 29 (29 de xaneiro de 1942)

Vida persoal

Casou no pazo de Liñares con Esperanza Taboada Bugallo, filla de Carlos Taboada Rada, o 8 de setembro de 1892, e foi pai de Araceli e Joaquín Loriga Taboada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Militares de Galicia

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes