miniatura|dereita|Mapa das tribos ástures. miniatura|dereita|Tabula Lougeiorum. Os lougueos (en ) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur que viviu no leste da actual Galicia, na serra dos Ancares, no Bierzo e ao oeste do río Burbia. Eran veciños dos lugones, que habitaban no leste, na actual Asturias.

No Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón consérvase a Tabula Lougeiroum do século I, unha táboa de bronce que foi descuberta en 1983 na serra do Courel e que recolle o acordo asinado entre un representante de Roma e a comunidade dos louguei. Grazas ao contido epigráfico e empregando a datación consular pódese datar con absoluta precisión no ano 1 d.C. tendo en conta que este foi o ano do consulado de Caio César e Lucio Emilio Paulo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas

Categoría:Ástures Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia