Fright Night é un filme estadounidense de 1985 escrito e dirixido por Tom Holland (no seu debut como director) e producido por Herb Jaffe. Está protagonizado por William Ragsdale, Chris Sarandon, Roddy McDowall, Amanda Bearse, Jonathan Stark, Dorothy Fielding, Stephen Geoffreys e Art Evans. O filme conta a historia de Charley Brewster, quen descobre que o veciño do lado Jerry Dandrige é un vampiro. Como ninguén cre a súa historia, Charley decide contactar con Peter Vincent, un presentador de televisión que actúa como un cazador de vampiros, para deter a onda de asasinatos de Jerry.
O filme estreouse o 2 de agosto de 1985 e recadou 24,9 millóns de dólares. Logo da súa estrea, recibiu valoracións positivas por parte da crítica e converteuse nun filme de culto. Fright Night, como franquía, tivo unha secuela, Fright Night Part 2 en 1988, e un remake en 2011, que tivo a súa propia continuación con Fright Night 2: New Blood en 2013. En 1989, un remake de Bollywood producido en hindi e titulado Wohi Bhayakar Raat (वही भंयकर रात), está protagonizado por Kiran Kumar como o vampiro.
Personaxes Chris Sarandon como Jerry Dandrige William Ragsdale como Charley Brewster Amanda Bearse como Amy Peterson Roddy McDowall como Peter Vincent Stephen Geoffreys como Edward "Evil Ed" Thompson Jonathan Stark como Billy Cole Dorothy Fielding como Judy Brewster Art J. Evans como Detective Lennox
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tom Holland Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América