miniatura|200px|Representación dun satélite IRNSS. Indian Regional Navigation Satellite System ou IRNSS é o nome dunha serie de satélites de navegación indios.

Características Os satélites IRNSS son satélites gobernamentais adicados a mellorar a precisión dos sistemas de posicionamento GPS e Galileo na rexión da India. IRNSS está composto por unha serie de satélites de 1425 kg de masa construídos pola ISRO co bus I-1K. Varios dos satélites están en órbita xeoestacionaria, mentres que o resto está nunha órbita xeosíncrona cunha inclinación orbital de 29º. Con esta configuración os satélites son visibles desde a India en todo momento e os seus sinais poden recibirse en todo o territorio. Cada satélite leva a bordo un emisor de sinais en banda S e banda L5 e un transmisor de localización cun retrorreflector láser para coñecer a situación exacta do satélite. O sistema recibe tamén o nome de NavIC (Navigation with Indian Constellation). Tódolos satélites IRNSS foron lanzados mediante foguetes PSLV-XL.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasIRNSS 1A1 de xullo de 2013PSLV-XLÉxitoIRNSS 1B4 de abril de 2014PSLV-XLÉxitoIRNSS 1C15 de outubro de 2014PSLV-XLÉxitoIRNSS 1D28 de marzo de 2015PSLV-XLÉxitoIRNSS 1E20 de xaneiro de 2016PSLV-XLÉxitoIRNSS 1F10 de marzo de 2016PSLV-XLÉxitoIRNSS 1G28 de abril de 2016PSLV-XLÉxitoIRNSS 1H31 de agosto de 2017PSLV-XLFalloIRNSS 1I11 de abril de 2018PSLV-XLÉxitoIRNSS 1J29 de maio de 2023PSLV-XLÉxitoIRNSS 1K29 de xaneiro de 2025GSLV Mk.2Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos PSLV-XL I-1K

Categoría:Satélites artificiais