miniatura|250x250px|Os «sete mares» da Idade Media. miniatura|250x250px|Mapa dos once mares a que se refiren varias expresións medievais dos «sete mares» (a lenda está en inglés). Os sete mares é unha expresión utilizada ao longo da historia de moitas culturas e pobos en relación a un grupo de mares (reais ou mitolóxicos) de Eurafrasia. Usábase (e úsase) tanto para referirse a un conxunto determinado de sete mares como ao conxunto dos mares do mundo coñecido nese momento.
Ten unha orixe moi remota (menciónase por primeira vez a Gaba no século XXIII a.C.). Por exemplo: Nun manuscrito do século IX indícase que “Quen queira ir a China debe cruzar sete mares”, e os mares aos que se refire cambiaron moito segundo a época e lugar, xa que a expresión foi empregada pola maioría dos pobos da antigüidade: chineses, indios, antigos gregos e antigos romanos. A través destes dous últimos, en particular, estableceuse o grupo de «sete mares» que é mencionado con máis frecuencia na literatura medieval europea:
o mar Negro o mar Caspio o mar Vermello o mar Mediterráneo o mar Adriático o mar de Arabia (parte do océano Índico) o mar cantábrico
Actualmente, os sete mares foron medrando en número e a Organización Hidrográfica Internacional ten rexistrados máis de 100 corpos de auga coñecidos como mares.
Hai que mencionar tamén que na actualidade, moita influencia dos medios levaron a cambiar o sentido da frase para adaptar os 7 Mares ao mundo enteiro; dividindo os océanos así:
O océano Ártico O océano Antártico O océano Pacífico Norte O océano Pacífico Sur O océano Atlántico Norte O océano Atlántico Sur O océano Índico
Primeiras mencións Aínda que o concepto medieval dos «sete mares» ten as súas orixes na Antiga Grecia e na Antiga Roma, a expresión «sete mares» existiu desde moito antes, aparecendo xa en 2 300 a.C. no Himno 8 da sumeria Enheduanna á deusa Inanna.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas The New Dictionary of Cultural Literacy, 3rd Edition. Houghton Mifflin, 2002 merely states that the phrase is a "popular expression for all the world's oceans".
Categoría:Lendas Categoría:Mares