Cécile Ellen Fleurette La Grenade, nada en La Borie, Saint George, illa de Granada, o 30 de decembro de 1952, é unha científica alimentaria granadina que exerce como gobernadora xeral de Granada dende o 7 de maio de 2013, sucedendo a Sir Carlyle Glean. Foi a primeira muller que se converteu en gobernadora xeral dende a independencia de Granada en 1974.Antes da independencia, Dame Hilda Bynoe foi a primeira muller que ocupou un posto de gobernadora dun territorio da Commonwealth entre 1967 e 1972.

Traxectoria La Grenade é a terceira das 5 fillas de Allan A. La Grenade, funcionario, e Sibyl Sylvester-La Grenade, enfermeira. A súa avoa materna, Mary Louise "Eva" Ollivierre-Sylvester, foi a primeira muller nas Illas de Barlovento Británicas en ocupar un escano no consello lexislativo do seu país, despois de ser elixida en 1952, menos dun ano despois de aprobarse o sufraxio universal.

La Grenade é nutricionista e formouse nos Estados Unidos. É licenciada en química pola Universidade das Indias Occidentais, e ten un mestrado e un doutoramento en Ciencias dos alimentos pola Universidade de Maryland. A súa designación como gobernadora xeral anunciouse a mesma semana en que morreu a primeira muller gobernadora de Granada, Hilda Bynoe. Bynoe era afillada do avó materno de La Grenade, Cyril I. St Bernard Sylvester, educador e funcionario público.

Honras Honras estranxeiras : Casa de Borbón-Dúas Sicilias: Cabaleiro Gran Cruz da Sagrada Orde Militar Constantiniana de San Xurxo : Dama Gran Cruz con Colar da Orde de San Miguel e San Xurxo : Oficial da Orde do Imperio Británico

Notas

Véxase tamén

Bibliografía United Nations CEDAW/C/GRD/Q/1-5/Add.1 :Convention on the Elimination of All Forms of Discrimination against Women; Distr.: General, 4 de novembro de 2011; ADVANCE UNEDITED VERSION (p. 14)

Ligazóns externas "Grenada Names First Female Governor General, Cecile La Grenade" "Convention on the Elimination of All Forms of Discrimination against Women"

Categoría:Alumnos da Universidade das Indias Occidentais Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Maryland Categoría:Nados en Granada, Caribe