Alita: Battle Angel é un filme estadounidense de 2019 de xénero ciberpunk baseado na serie manga xaponesa Gunnm, de Yukito Kishiro e a súa animación orixinal de 1993 GUNNM. Foi dirixido por Robert Rodriguez e producido por James Cameron, quen coescribiu o guión con Laeta Kalogridis. Rosa Salazar protagoniza o filme interpretando con captura de movementos a Alita, unha ciborg que esperta nun corpo novo sen lembranzas do seu pasado e que se propón descubrir o seu destino. Christoph Waltz, Jennifer Connelly, Mahershala Ali, Ed Skrein, Jackie Earle Haley e Keean Johnson interpretan os papeis secundarios.

Annunciado en 2003, a produción foi repetidamente adiada por mor do proxecto de Cameron Avatar (2009) e as súas secuelas. Despois de anos en fase de desenvolvemento, Rodriguez foi anunciado como director de Alita en abril de 2016, con Salazar uníndose ó elenco o mes seguinte. A fotografía principal comezou en outubro de 2016 en Austin, Texas, a maioría no Troublemaker Studios de Rodriguez, e rematou en febreiro de 2017.

Alita: Battle Angel tivo a súa estrea internacional no Odeon Leicester Square o 31 de xaneiro de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 14 de febreiro de 2019 a través de 20th Century Fox nos formatos RealD 3D, Dolby Cinema, 4DX, ScreenX e IMAX 3D. É o primeiro filme producido por Lightstorm Entertainment dende Avatar. Recadou máis de 404 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento total de entre 350 e 500 millóns de dólares, incluíndo os cutos de distribución e mercadotecnia. Recibiu críticas dispares por parte da crítica.

Personaxes Rosa Salazar como Alita Christoph Waltz como Dr. Dyson Ido Jennifer Connelly como Dr. Chiren Mahershala Ali como Vector Ed Skrein como Zapan Jackie Earle Haley como Grewishka Keean Johnson como Hugo Lana Condor como Koyomi Jorge Lendeborg Jr. como Tanji Eiza González como Nyssiana Jeff Fahey como McTeague Idara Victor como enfermeira Gerhad Rick Yune como Master Clive Lee Edward Norton (sen acreditar) como Nova

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2019 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Robert Rodriguez Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lightstorm Entertainment Categoría:Filmes rodados en Austin, Texas Categoría:Filmes sobre amnesia Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX