Hodoyoshi 1 é un satélite artificial xaponés lanzado o 6 de novembro de 2014 mediante un foguete Dnepr desde Dombarovskiy.
Características Hodoyoshi 1 é un satélite de obervación terrestre experimental deseñado pola Universidade de Tokyo. Pertence a unha serie de satélites experimentais para o estudo da Terra e foi construído por Axelspace xunto con NESTRA. O seu sistema óptico ten unha resolución de 6,7 m e está equipado con CCD para observar nas bandas espectrais do azul, o verde, o vermello e o infravermello próximo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Hodoyoshi 2 Hodoyoshi 3 Hodoyoshi 4
Categoría:Satélites artificiais