Hodoyoshi 3 é un satélite artificial xaponés lanzado o 19 de xuño de 2014 xunto con Hodoyoshi 4 mediante un foguete Dnepr desde Dombarovskiy.
Características Hodoyoshi 3 forma parte dun conxunto de satélites experimentais de obervación terrestre deseñados pola Universidade de Tokyo. Foi construído por NESTRA e ten unha masa de 58 kg. O seu sistema óptico ten unha resolución de 40 m, estabilízase nos tres eixos e o seu panel solar xera unha potencia de 100 W. Leva a bordo tamén un sistema de propulsión alimentado con peróxido de hidróxeno, un sistema de comunicacións baseado no concepto de almacenar e reenviar e unha carga promovida consistente nunha figura de Hello Kitty apuntada cunha cámara coa Terra de fondo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Hodoyoshi 1 Hodoyoshi 2 Hodoyoshi 4
Categoría:Satélites artificiais