Hodoyoshi 4 é un satélite artificial xaponés lanzado o 19 de xuño de 2014 xunto con Hodoyoshi 3 mediante un foguete Dnepr desde Dombarovskiy.
Características Hodoyoshi 4 forma parte dun conxunto de satélites experimentais de obervación terrestre deseñados pola Universidade de Tokyo. Foi construído por NESTRA e ten unha masa de 64 kg. O seu sistema óptico ten unha resolución de 5 m, estabilízase nos tres eixos e o seu panel solar xera unha potencia de 100 W. Leva a bordo tamén un sistema de propulsión iónica e un sistema de comunicacións baseado no concepto de almacenar e reenviar.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Hodoyoshi 1 Hodoyoshi 2 Hodoyoshi 3
Categoría:Satélites artificiais