Sergio Olmos Pardo, nado o 21 de setembro de 1986 en Elda (Alacant), é un ex xogador español de baloncesto profesional. Nas súas once tempadas coma xogador profesional destacan as tres que xogou no Básquet Coruña da Liga LEB Ouro, co que disputou nas tres ocasións o ascenso á Liga ACB.

Traxectoria profesional O 1 de setembro de 2011, Olmos asinou un contrato de dous meses co Valencia Basket da Liga ACB, para axudar ó equipo durante a pretempada. Tras dous meses en Valencia, Olmos desvinculouse do equipo.

O 31 de xullo de 2012, Olmos asinou co Autocid Ford Burgos da Liga LEB Ouro.ADECCO ORO: Sergio Olmos, nuevo pívot para Burgos

O 27 de xullo de 2015, Olmos asinou un contrato dunha tempada co Leyma Básquet Coruña da LEB Ouro.El Básquet Coruña ficha a Sergio Olmos O 4 de xullo de 2016, anunciouse a renovación de Olmos por unha tempada máis. O 7 de xullo de 2017, Olmos comprometeuse co Básquet Coruña por terceira tempada consecutiva tras renovar de novo o seu contrato.Ángel Hernández y Sergio Olmos renuevan con el Leyma Básquet Coruña Tras tres tempadas na Coruña, nas que disputou tres fases de ascenso á Liga ACB, Olmos anunciou a súa marcha do equipo coruñés en xuño de 2018.Sergio Olmos anuncia su salida del Basquet Coruña

O 18 de xuño de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Fundación CB Granada, equipo debutante na LEB Ouro.El Fundación CB Granada ficha al veterano pívot Sergio Olmos (Leyma Coruña)

Tras dúas tempadas en Granada, e tras once tempadas no baloncesto profesional, Sergio Olmos anunciou a súa retirada o 17 de maio de 2020.Gracias por todo, Sergio

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en FEB.es Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do UB La Palma Categoría:Xogadores do CD Maristas Palencia‎ Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Xogadores do CB Atapuerca‎ Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña Categoría:Xogadores do Fundación CB Granada