A Moreira é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello pontevedrés de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 70 habitantes (31 homes e 39 mulleres).

Atópase a 1,2 km do centro da vila de Gondomar e a 17 metros sobre o nivel do mar.

Descrición O barrio da Moreira posúe un conxunto de edificacións de valor etnográfico. Situada no corazón da parroquia, fai estrema ao norte co barrio da Ponte, ao leste e noroeste con Verdeal, ao nordés e oeste co Campo das Bestas e ao sur e sueste co lugar de Cristillón. Ten un total de 46 vivendas construídas.

Patrimonio Igrexario de San Vicente de Mañufe

A igrexa de San Vicente de Mañufe é un templo cristián situado no lugar da Moreira. Data do século XII, pero a maior parte da obra actual é barroca, consecuencia dunha gran reforma no século XVIII. Ten como celebración principal a do santo patrón da parroquia, san Vicente, o día 22 de xaneiro. Forma parte da diocese católica latina de Tui-Vigo. Pazo de Mendoza ou Pazo da Escola

O Pazo da Escola (orixinariamente Pazo de Mendoza) é unha casa grande galega da segunda metade do século XVIII fundada polo Pilcarpo de Mendoza. Existe outro pazo de Mendoza tamén fundado por Policarpo de Mendoza en Baiona Notas

Lugares e parroquias Lugares de Mañufe

Parroquias de Gondomar

Categoría:Lugares de Gondomar Categoría:Mañufe, Gondomar