Yeelen (do bambara "brillo"/"luz") é un filme maliano de 1987 dirixido por Souleymane Cissé. É unha coprodución entre Malí, Burkina Faso, Francia e Alemaña Occidental. Foi rodado en lingua bambara e fula, e baséase nunha lenda tradicional do pobo bambara. Aínda que está ambientado nunha época indefinida, está posiblemente ambientado no Imperio de Malí do século XIII.
Está protagonizado por Issiaka Kane no papel de Nianankoro, un home que posúe poderes máxicos. Niamanto Sanogo interpreta o papel do pai de Niankoro que segue ó seu fillo a través das terras dos bambara, dos fula e dos dogon usando un madeiro máxico para guiarse.
Yeelen foi un éxito da crítica, e foi galardoado co Premio do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1987. Foi nomeado á Palma de Ouro ese mesmo ano.
Personaxes Issiaka Kane como Nianankoro Aoua Sangare como Attou Niamanto Sanogo como Soma / Djigui Balla Moussa Keita como Rouma Boll, rei fula Soumba Traore como Mah Ismaila Sarr como Bofing Youssouf Tenin Cissé como Le petit garcon d'Attou Koke Sangare como xefe Komo
Notas
Véxase tamén Bibliografía Samuel Lelièvre, La Lumière de Souleymane Cissé. Cinéma et Culture, París, L'Harmattan, 2013 (). Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua fula Categoría:Filmes en lingua bambara Categoría:Filmes de Malí Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Burkina Faso Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Souleymane Cissé Categoría:Filmes ambientados no século XIII Categoría:Filmes ambientados en Malí