O topónimo Nabal é un fitónimo que indica unha leira adicada á plantación de nabos. Pode referirse a:
En Galiza Nabal, lugar da parroquia de Camboño, no concello de Lousame; O Nabal, lugar da parroquia de San Tomé de Ancorados, no concello da Estrada; A Nabaleira, lugar da parroquia da Caniza, no concello da Caniza; O Nabalexo, lugar da parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra; O Petón ou O Nabal Vello, lugar da parroquia de Bardaos, no concello de Tordoia; Trasdonabal, lugar da parroquia de Aguasantas, no concello de Cerdedo Cotobade.