Toy Story 4 é un filme estadounidense de 2019 producido por Pixar Animation Studios para Walt Disney Pictures. É o cuarto título da serie Toy Story, sendo a secuela de Toy Story 3 (2010). Foi dirixido por Josh Cooley (no seu debut como director) a partir dun guión de Andrew Stanton e Stephany Folsom; os tres concibiron a historia xunto con John Lasseter, Rashida Jones, Will McCormack, Valerie LaPointe e Martin Hynes. Tom Hanks, Tim Allen, Annie Potts, Joan Cusack, Don Rickles, Wallace Shawn, John Ratzenberger, Estelle Harris, Blake Clark, Bonnie Hunt, Jeff Garlin, Kristen Schaal e Timothy Dalton retoman os papeis que interpretaron nos filmes anteriores. Tony Hale, Keegan-Michael Key, Jordan Peele, Christina Hendricks, Keanu Reeves e Ally Maki poñen as voces dos novos personaxes.

O filme segue os eventos de Toy Story 3, co Sheriff Woody, Buzz Lightyear e o seu grupo de xoguetes amigos vivindo con Bonnie. Ó grupo únese Forky, un garfo que Bonnie converteu nun xoguete. O filme está adicado a Rickles e ó animador Adam Burke, que morreron o 6 de abril de 2017 e o 8 de outubro de 2018 respectivamente.

Toy Story 4 estreouse o 11 de xuño de 2019 nos Ánxeles, California, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos de América o 21 de xuño de 2019, en RealD 3D, Dolby Cinema e IMAX. Recadou 1 073 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no título con maior recadación da franquía, no oitavo filme con maior recadación de 2019, e no número 30 de tódolos tempos. Recibiu críticas positivas pola súa historia, humor, emoción, banda sonora, animación e interpretacións. Na 92ª edición dos Óscar, foi nomeado á mellor canción orixinal e gañou o Óscar ó mellor filme de animación.

Personaxes

Tom Hanks como Woody Tim Allen como Buzz Lightyear Annie Potts como Bo Peep Tony Hale como Forky Keegan-Michael Key como Ducky Jordan Peele como Bunny Madeleine McGraw como Bonnie Christina Hendricks como Gabby Gabby Keanu Reeves como Duke Caboom Ally Maki como Giggle McDimples Jay Hernandez como pai de Bonnie Lori Alan como nai de Bonnie Joan Cusack como Jessie Wallace Shawn como Rex John Ratzenberger como Hamm Blake Clark como Slinky Dog Don Rickles como Mr. Potato Head Estelle Harris como Mrs. Potato Head Jeff Pidgeon como Aliens Bonnie Hunt como Dolly Kristen Schaal como Trixie Timothy Dalton como Mr. Pricklepants Jeff Garlin como Buttercup Emily Davis como Billy, Goat e Gruff John Morris como Andy Jack McGraw como Andy de neno Laurie Metcalf como nai de Andy June Squibb como Margaret Carl Weathers como Combat Carl Maliah Bargas-Good como nena perdida Juliana Hansen como Miss Wendy Steve Purcell como Benson e The Dummies Lila Sage Bromley como Harmony

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2019 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Josh Cooley Categoría:Óscar ó mellor filme de animación Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX