O Rally Mil Vistas de 1992 foi a terceira edición de dito rally e a última proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 14 de novembro de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre un Peugeot 309 GTI 16v.
Itinerario Tanto a saída como a chegada situouse en Muros. Constou de 63,6 km cronometrados divididos en 11 treitos: dúas pasadas polos trazados de Carnota (4,95 km), O Ézaro (11 km), Dumbría (3,5 km) e Vimianzo (3,5 km) e tres polo de Muros (5,9 km).
Resumo Germán Castrillón non participou na proba ao ser xa matematicamente campión de Galicia, polo que a atención centrouse no subcampionato ao que optaban Manuel Senra (486 puntos), Sergio Vallejo (455 puntos), Javier Piñeiro (446 puntos), Javier Paz (437 puntos) e José María Banga (420 puntos). Finalmente o triunfo e o subcampionato foron para Senra, tras unha cómoda vitoria nunha carreira marcada polas malas condicións meteorolóxicas, que provocaron numerosos abandonos e problemas aos participantes.
Clasificación PosPilotoVehículo1 Manuel SenraPeugeot 309 GTI 16v2 Javier PazCitroën AX Sport3 Juan Carlos TáboasCitroën AX SportAbandonos- Jesús CamposRenault Clio
Notas
Categoría:Rally Mil Vistas Categoría:Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally